Balonman Viveiro

Crónica da Primeira xornada de Liga

BALONMÁN VIVEIRO 22-19 CAMPUS AURIA

(Ao descanso: 12-10)

BALONMÁN VIVEIRO (22): Chan, Emilio e Txeroki; David (2), Jose Labaén, Javi Villares (8), Rouco, Ignacio, Turbo (3), Sanjurjo (3), Fede (2), Isma e Champi (4).

Exclusións: Javi Villares, Turbo e Champi.

UNHA VITORIA PARA ILUSIONAR

A tempada para o primeiro equipo do Balonmán Viveiro comezou o pasado sábado cun triunfo ante o Campus Auria (22-19) que enche de ilusión aos pupilos de Javi Villares, que este ano, no seu regreso ao club despois dun ano en Alicante, fará as labores de xogador e adestrador.

 

Os viveireses non se quedaron só cos dous puntos, senón que ademais ofreceron unha moi boa imaxe, pese á súa xuventude (seis xuvenís forman parte do primeiro equipo), a que non levaban nin un mes de adestramentos e a que non xogaran ningún amigable durante a pretempada.

O Balonmán Viveiro foi por diante durante case todo o encontro, gracias a un aceptable traballo defensivo e a un ataque que, salvo candos os locais cando caeron en buscar o un contra un, soubo mover o balón para atopar e crear ocos no bloque defensivo ourensán.

Os de Javi Villares chegaron ao descanso dous goles por diante, logo dunha primeira parte na que pouco a pouco se foron entonando e Chan, tamén de menos a máis na porta, acabou facendo unha serie de paradas que deixaron aos mariñaos nunha boa posición para afrontar os segundos trinta minutos.

O regreso dos vestiarios foi moito máis movido. Os locais chegaron a gozar de catro goles de renda (15-11) e incluso puideron aumentar a cinco a súa vantaxe. Porén, os ourensáns non se viñeron abaixo e conseguiron igualar o tanteador a 17, cando faltaban algo más de dez minutos por xogarse.

No tramo final, os locais axustaron a súa defensa, xa cun 6:0 que lles deu mellores réditos que o 5:1 inicial (só encaixaron dous goles nos últimos 10 minutos), e souberon xogar as súas cartas en ataque para levarse o partido. Emilio, que sustituiu a Chan no segundo tempo, fixo unha parada providencial a pouco máis dun minuto do final. Con 21-19 no electrónico, os visitantes, que xa apostaran por unha defensa individual en toda a pista, dispuxeron dun sete metros que o meta local parou. No seguinte ataque, o Balonmán Viveiro non perdonou e o xuvenil Fede anotaba o gol que sentenciaba definitivamente o primeiro partido para os de Viveiro nesta nova tempada na Segunda Autonómica.

Próxima xornada

O Balonmán Viveiro adiou o partido da segunda xornada, que o debía enfrontar esta fin de semana ao Balonmán Chapela. Os chapeleiros accederon a aprazar o partido debido a que varios xogadores viveirenses non poderían acudir a xogar ao celebrarse a voda dun ex xogador do club. Este encontro disputarse na ponte do 1 de novembro ou na da Constitución.

Usted está aquí: Inicio Crónica da Primeira xornada de Liga

Os Nosos Colaboradores

                 
Condello de Viveiro   Diputación de Lugo   Deporte Galego   Pizzburg   Futures     Flanagans   Murimar Seguros   Federación Galega   Federación Española